Proxección e visita guiada á mostra “Galicia en Foco” este venres en Valdoviño

A exposición «Galicia en Foco» chega a Valdoviño. E, tras a súa apertura no día de hoxe na Casa da Cultura, o Concello programou para este venres dúas actividades vinculadas á mostra. Dunha banda, a proxección do documental sobre a exposición e unha visita guiada posterior a cargo de Miguel García Corral, membro do Club de Prensa de Ferrol, institución que, dende 1989, impulsa este proxecto, o primeiro movemento fotográfico que se realiza dende a cidade naval para toda a Comunidade e co que se pretende reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia.
 
Unha mostra fotográfica que, cada ano, serve de recopilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación.
 
Ó marxe das actividades previstas para este venres, que arrancarán ás 20 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo, a exposición permanecerá en Valdoviño ata o vindeiro 18 de maio e poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura de luns a venres de 10 a 14 horas, os martes de 16 a 18 horas e as fins de semana nos horarios coincidentes coa programación cultural do Concello.