Arranca o curso de alfabetización dixital

Con todas as prazas cubertas arrancaba esta semana o Curso de Alfabetización Dixital: Informática básica con Internet. Nel, toman parte unha decea de veciños e veciñas, que se formarán no sistema operativo Windows, manexo de Internet e correo electrónico, así como no programa Word.
 
As clases, impartidas polo técnico municipal de Cultura Daniel Cartelle, celebraranse todos os luns ata o 11 de xuño, en horario de 12 a 14 horas no Centro Sociocomunitario de Valdoviño.
 
Así mesmo, e dado que a demanda superou amplamente a oferta, o Concello xa avanza que reeditará esta acción formativa.