Arrancan as obras de demolición das ruínas emplazadas na Porta do Sol

O Concello executa os traballos nesta parcela municipal para garantir a seguridade neste céntrico espazo do municipio
 
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do inicio dos traballos de demolición das ruínas emprazadas na unidade de actuación da Porta do Sol. As labores teñen lugar en base a un informe dos servizos técnicos que aconsellaban o derribo por motivos de seguridade na zona. Dunha banda, polo estado ruinoso do que noutro tempo fora unha vivenda e, doutra, porque co paso dos anos foise convertindo nun lugar habitual para os niños de vespas velutinas. Así as cousas, o alcalde, que supervisou esta mañá o inicio das tarefas xunto ó edil de Obras, Alejandro García, subliñaba que a actuación, amáis de garantir a seguridade neste céntrico espazo, tamén permitirá completar as tarefas de adecentamento do lugar.
 
Unhas tarefas que se iniciaban neste mandato co desbroce do entorno do río Atios, que colinda coa finca, a instalación dunha varanda de madeira tratata e a realización de traballos periódicos de mantenemento. Amáis, o pasado mes de marzo procedíase á retirada de árbores secas en moi deficiente estado. Retirada tamén avalada polo informe dun perito forestal que constataba o perigo que podía derivarse da súa caída. O único exemplar susceptible de recuperar foi un olivo que, nas vindeiras semanas, se trasplantará no ámbito do campo de fútbol municipal.