Charla sobre “Alimentación consciente” na Casa da Cultura de Valdoviño

O Auditorio da Casa da Cultura acollerá o vindeiro venres, 6 de abril, a charla “Alimentación consciente”. Estará impartida polos expertos nutricionistas Noel López Pinín e Bibiano Recalde Vázquez. A entrada é libre e de balde ata completar aforo e dará comezo ás 19 horas.
 
No transcurso da mesma, os ponentes farán unha introducción á Dietoterapia, abordarán conceptos básicos sobre a alimentación equilibrada, darán as claves para deseñar un menú saudable e falarán dos mitos nutricionais. Así mesmo, ó remate das súas intervencións tentarán dar resposta a todas as dúbidas e consultas que plantee o público asistente.