IX Concurso de viñetas

Data: 
martes, 13 Marzo, 2018
Obxecto: 

Dende a Deputación Provincial da Coruña no marco das actividades de comemoración do "8 de marzo" convócase  o IX Concurso de viñetas, para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular,  sobre as mulleres na historia de Galicia co obxeto de visibilizar o emponderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.
 
PARTICIPANTES
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo e sempre que non fose premiada en ocasións anteriores. Cada participante/s só poderán presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
 
TEMÁTICA
Os traballos presentados versarán sobre historias das mulleres en Galicia; biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados ou sobre o emponderamento feminino na historia de Galicia.
 
FORMATO
A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A4 e como máximo DIN A5 cunha historia que poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío conductor.
A técnica a utilizar é libre e o idioma empregado será o galego.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital, pero a obra debe presentarse en formato físico de papel e non poderá ir asinada con nome.
 
PREMIOS
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e os 14  anos)
Primeiro premio: consistirá nun IPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)
Primeiro premio: consistirá nun IPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.
 
Máis información na web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concurso-vinetas/2018/
 

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 16 de abril