As “Lecturas compartidas fóra do centro” continúan este venres en Vilaboa

O programa “Lecturas compartidas fóra do centro” que impulsan o CPI Atios e o Concello de Valdoviño celebrará mañá venres, 2 de marzo, a súa segunda sesión. E farao trasladándose á parroquia de Vilaboa. No seu local social, antiga escola unitaria, desenvolverase o encontro interxeneracional entre o alumnado de 6º B e as persoas maiores da parroquia. Será a partir das 10,30 horas e todo aquel que esté interesado en asistir está convidado.
 
No mesmo, os rapaces ofrecerán ós maiores unha lectura e estes compartirán con eles a historia dalgunhas mulleres que lles parezan de especial relevancia no seu entorno. Precisamente, e como novidade este ano, o programa inclúese no proxecto “DNI: diferentes na igualdade” que o centro educativo está a realizar neste curso. Así, os relatos e conversas xirarán en torno a mulleres destacadas.