O Concello amplía ata o 9 de marzo a inscrición na Escola Municipal de Música

A Concellería de Cultura informou esta mañá de que o prazo de inscrición nas actividades para nenos e adultos da Escola Municipal de Música de Valdoviño ampliarase ata o venres 9 de marzo. A programación inclúe música en movemento para nenos e nenas de 3 a 5 anos, así como clases de guitarra clásica e eléctrica, piano, percusión e cante moderno para nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas. Aqueles interesados en formalizar a inscrición deben acudir á Casa da Cultura de luns a venres de 10 a 14 horas. Así mesmo, os martes ampliarase este horario á tarde, de 15 a 17 horas.
 
As clases levaranse a cabo na antiga escola unitaria da Carreira, na parroquia de Sequeiro, como ocorrera o pasado ano. Unha vez pechado o prazo de inscrición, elaborarase o calendario cos días e horarios das diferentes actividades.