O Concello abre este luns a inscrición nas actividades da Escola Municipal de Música

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que o próximo luns, 26 de febreiro, abrirase o prazo de inscrición nas diferentes actividades da Escola Municipal de Música. A programación inclúe música en movemento para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e guitarra clásica e eléctrica, piano, percusión e cante moderno, para nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas.
 
O prazo de inscrición poderá formalizarse na Casa da Cultura de luns a venres de 10 a 14 horas, ata o vindeiro 2 de marzo. Unha vez superado este periodo, elaborarase o calendario cos días e horarios das diferentes actividades.
 
Por segundo ano consecutivo, e na liña de descentralización cara as diferentes parroquias, a programación desenvolverase na antiga unitaria da Carreira, en Sequeiro, e a intención do Concello é iniciar as clases o próximo mes.