Programación cultural de maio: Letras Galegas

A concellería de Cultura presenta, baixo o lema "Letras Galegas", a programación cultural municipal para o mes de maio.
 
Entre as actividades propostas destacan a I Festa Medieval de Valdoviño, que se celebrará durante o fin de semana do 11 ao 13, e os actos organizados co gallo do Día das Letras Galegas.
 
O programa completo é o seguinte:
 
MÉRCORES 2. CONCERTO DE VENTO E METAL DO CONSERVATORIO XAN VIAÑO DE FERROL para alumnos de CRA “O ESQUÍO”. 13,00 horas. Auditorio.
Organiza CRA “O Esquío”.

VENRES 11, SÁBADO 12 E DOMINGO 13. “Iª FEIRA MEDIEVAL “
Lugar Penso. Praza edificios Covacano. Venres tarde e Sábado e Domingo todo o día.
Organiza Comisión de Festas de Valdoviño e Produccións Galicia Verde.

MARTES 15. ACTIVIDADE VALENTÍN PAZ ANDRADE. Auditorio. 13.00 h.
Rapaces de secundaria do CPI Atios. Organiza Concello de Valdoviño.

MÉRCORES 16. INAUGURACIÓN DA EXPOSICION DE TALLAS E GRAVADOS DE CARLOS LAMAS HERMIDA. Sala exposicións.
Do 16 ao 30 de maio. Horario: luns a venres de 10’00 a 14’00h e visitas concertadas.
Entrada libre e gratuita. Organiza Concello de Valdoviño.

XOVES 17. MÚSICA E LETRAS GALEGAS. Auditorio. 18’00 horas.
Lecturas compartidas con “Os Nostálgicos e Mentalini en Mentaclismo: Tsunami mental. Organiza A.C.R. “A Frouxeira” e Concello de Valdoviño.

MARTES 22. LETRAS GALEGAS DOS NENOS DO CRA. Casa de Cultura. Mañá.
Organiza CRA “O Esquio”.

DOMINGO 27. DINAMO TEATRO en “ÁS ANDADAS”. AUDITORIO.19’00H.
Espectáculo cómico no que a través de pequenos monólogos e escenas teatrais se representan as feiras e festas da cultura popular galega. Todos os públicos.
Organiza Concello de Valdoviño.

XOVES 31. GRUPO DE TEATRO DO I.E.S. BREAMO DE PONTEDEUME en “ELOISA ESTÁ DEBAJO DE UN ALMENDRO”. Auditorio. 17’00 HORAS. Organiza CPI ATIOS. Colabora CONCELLO DE VALDOVIÑO.