Charla na cooperativa de Meirás sobre as claves para aforrar no recibo da luz

¿Como aforrar no recibo da luz? Será unha das preguntas ás que se dará resposta o vindeiro mércores, 7 de febreiro, na cooperativa de Meirás. Alí, no salón de actos do Edificio da Sección de Crédito, celebrarase unha charla informativa, con entrada libre, co título “A factura da luz”. Dará comezo ás 16,30 horas e estará impartida pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, entidade coa que colabora o Concello de Valdoviño.
 
No coloquio tamén se darán as claves para entender a factura e o funcionamento e os requisitos do acceso ó Bono Social, así como as nomeadas opcións de aforro enerxético que existen.