O alumnado converte o CPI Atios nun anaco de Hawaii para pór en valor a historia de Bethany Hamilton

O proxecto forma parte do programa “DNI: Diferentes na igualdade”, Premio Concepción Arenal da Deputación provincial da Coruña
 
Durante xaneiro, os estudantes de 5º de Primaria aprenderon matemáticas, ciencias ou lingua a través da vida da surfista
 
A vida e valores de Bethany Hamilton, un auténtico referente no mundo do surf, convertíronse durante o mes de xaneiro no temario de estudo das alumnas e alumnos de 5º curso de Primaria do CPI Atios. Todas as súas asignaturas, dende matemáticas ata naturais, enfocáronse cara a súa historia de vida. Un innovador proxecto integrado no programa “DNI: diferentes na igualdade” que está a impulsar o centro valdoviñés para afondar e pór en valor a traxectoria de mulleres especialmente relevantes e que recentemente recibía o Premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade de xénero que convoca a Deputación provincial da Coruña.
 
Pero, por que Bethany Hamilton? Dolores Freire Villar, titora de 5º A, explica que “a súa é unha historia de auténtica superación, un referente que nos ensina a facerlle fronte a todas as dificultades e a saber que os límites están onde un os pon”. Hamilton fíxose internacionalmente coñecida cando con tan só 13 anos sufre o ataque dun tiburón tigre e perde o seu brazo esquerdo. Pese a traxedia, en tan só dez semanas logra cumplir o seu principal soño nese momento: subirse de novo a unha táboa de surf.
 
E, nese contexto, Dolores e Luis Mosquera, os titores de 5º, puxéronse mans á obra para convertir a Bethany Hamilton na asignatura de matemáticas, de ciencias, de lingua… así, os alumnos aproximáronse en xeografía á isla de Hawaii, terra natal da surfista; abordaron en ciencias o clima e formación das olas; investigaron sobre a súa biografía en historia… E, o pasado venres, todos os nenos e nenas de 5º deron a coñecer ese traballo ó resto dos seus compañeiros, dende Infantil ata a ESO.
 
Convertiron o comedor nun pequeno anaco de Hawaii. Alí levaron táboas de surf, neoprenos e palmeiras e convertíronse por unhas horas en mestres para guiar diferentes obradoiros. Aprendéronlles ós estudantes de Infantil e primeiros cursos de Primaria a facer táboas de surf con plastilina; a crear tiburóns con papel de aluminio; a pintar figuras vinculadas a este deporte; a bailar danzas hawaiianas; completar puzles ou tomar parte nun photocall. Tamén lles proxectaron un pequeno vídeo elaborado por eles sobre Bethany Hamilton e, grazas á colaboración do equipo de cociña, elaboraron platos típicos para degustar, como salchichas con tomate e salsa de piña.
 
A cousa non quedou ahí e os alumnos de 5º tamén convidaron ós seus compañeiros dos últimos cursos de Primaria e máis da ESO a unha sesión de cine moi especial na Casa da Cultura. Alí se proxectaba o filme inspirado na vida de Bethany Hamilton.
 
Por último, o equipo de cociña, seguindo as instruccións do alumnado, elaborou un menú típico para os usuarios e usuarias do comedor, integrado por Lomi Lomi, Calbi Ribs e froitas tropicais.
 
Un proxecto innovador e, sobre todo, extremadamente motivador para os nenos e nenas do CPI Atios.