Bases do XVIII Festival de Entroido

O Concello de Valdoviño promove o XVIII Festival de Entroido que se celebrará o sábado 17 de febreiro no Concello de Valdoviño e que se rexerá polas seguintes BASES (dispoñibles tamén en castelán no documento adxunto ao pé da páxina): 

  1. Poderán participar no XVIII Festival de Entroido do Concello de Valdoviño as entidades legalmente constituídas e/ou grupos ocasionais que cumpran as condicións establecidas nas seguintes bases. En todo caso nomearase un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.
  2.  

  3. Poderán participar no festival todas as persoas interesadas nas seguintes categorías:
  4.  

  5. A) COMPARSA ADULTOS : considerarase comparsa o grupo de persoas integrado por un número igual ou superior a dez compoñentes debidamente disfrazados e gardando unha unidade temática na súa vestimenta e actuación. Poden optar a axuda económica por inscrición e á axuda por concursaren.
      B) COMPARSA INFANTIL: agrupacións formadas por un número igual ou superior a dez persoas nas que polo menos o 50% dos seus compoñentes sexan menores de 18 anos. As comparsas infantís precisarán nomear a un representante maior de idade para poderen participar. As comparsas infantís poderán optar á axuda económica por inscrición pero non á axuda por concursaren.
      C) OUTROS : entran nesta categoria os disfrazados a título individual, as parellas de disfraces e grupos de ata cinco persoas. A título de disfrace individual non se admitirán menores, porén, estes si poderán formar parte de parellas ou grupos  sempre e cando o número de adultos sexa como mínimo do 50%. A parella ou grupo deberá de manter unha uniformidade de criterio na súa indumentaria. 
  6.  

  7. O Concello de Valdoviño destina a cantidade máxima de 3.300,00 € en calidade de axudas para distribuír entre as categorías participantes nas modalidades : A) COMPARSA ADULTOS , B) COMPARSA INFANTIL e C) OUTROS . O gasto imputarase á partida orzamentaria 334 480 00 do orzamento do ano 2017 prorrogado para o ano 2018.
  8.  

  9. En relación ao punto anterior, a cantidade máxima destinada a axudas de participación a todas as comparsas admitidas será de 3.000,00 euros, a cantidade destinada a axuda de concurso para a “Mellor Comparsa Concello de Valdoviño 2018” será de 150,00 euros e a cantidade máxima destinada aos participantes en categoria OUTROS será de 150,00 euros e rexíndose polo escrito no punto 7.
  10.  

  11. No referido ás axudas por participación, a cantidade máxima que recibirá cada comparsa que reuna as condicións e requisitos esixidos nestas BASES será de 300,00 euros. O pagamento farase efectivo mediante transferencia bancaria na conta sinalada na documentación de inscrición na que deberá constar o IBAN. De ser o caso, aplicarase a retención de IRPF de acordo coa lexislación vixente.
  12.  

  13. No referido á axuda de concurso para a “Mellor Comparsa Concello de Valdoviño 2018”, concederase unha única cantidade de 150,00 euros. Esta cantidade sumarase á axuda por participación e sobre a mesma aplicaranse as retencións que indique a lexislación vixente.
  14.  

  15. No referido aos vales de consumo en empresas locais, os 150,00 euros destinados a este fin repartiranse a razón de 50,00 euros por vale, consecuentemente teremos tres vales que irán destinados aos tres mellores disfraces que concursen na categoría OUTROS. No caso de que NON PROCEDA outorgar todos o algún dos vales destinados a consumo de produto en empresa local por quedar deserta esta opción ou por incumprimento de bases dos inscritos, a organización poderá destinar ese importe ou parte do mesmo a outras axudas de concurso a comparsas. Unha mesma comparsa non pode ser destinatária de mais dunha axuda de concurso. Deste feito darase conta no informe acreditativo do desenvolvemento desta actividade de entroido.
  16.  

  17. Para poder participar en calquera das categorías será imprescindible cumprimentar a solicitude de inscrición correspondente, que se atopa ao pé desta páxina, e os seus documentos anexos e entregalos na Casa da Cultura do Concello nas seguintes datas e horarios : Pola mañá de luns a venres e de 10:00 a 14:00 do 5 ao 15 de febreiro . Pola tarde o martes 6 de febreiro de 15:00 a 17:00 horas. O martes 13 estará pechado mañá e tarde ao ser festivo local. A copia das cancións ou guión das parodias a interpretar entregarase tamén no momento de facer a solicitude de participación. Esto non compete a aqueles que se inscriban na modalidade “OUTROS”. As solicitudes fóra de prazo ou que non presenten toda a documentación requerida serán desestimadas.
  18.  

  19. O modelo de instancia e Bases de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura e están dispoñibles para a súa descarga ao pé desta páxina.
  20.  

  21. A cantidade máxima de comparsas que se admitirán a participar nesta edición do Entroido 2018 será de dez. Terán preferencia -con independencia da data de presentación de solicitude e sempre cumprindo os prazos e requisitos establecidos- as comparsas formadas por veciños de Valdoviño ; para todas as demais primará a orde de inscrición. A organización reservarase o dereito á cancelación do evento no suposto de que non se acade o número mínimo de 3 comparsas participantes.
  22.  

  23. A orde de actuación das comparsas e de desfile no pasarrúas corresponderase coa orde de inscrición atendendo ao estipulado no punto 10. O venres 16 de febreiro confirmaráselle ao responsable de cada comparsa a súa inclusión ou non na XVIII Edición do Festival do Entroido do Concello de Valdoviño.
  24.  

  25. As comparsas inscritas asumen o compromiso de desfilaren en pasarrúas . Con tal motivo, os participantes deberán estar ás 17,00 horas no aparcadoiro situado detrás do edificio do Concello para, atendendo ás indicacións da organización, colocarse con tempo suficiente na rúa Imeldo Corral para iniciar o desfile ás 17,30 horas. O percorrido comprenderá o seguinte tramo : saída dende a rúa Imeldo Corral, desfilando pola estrada principal ata chegar á Casa da Cultura.
  26.  

  27. As comparsas que leven no pasarrúas vehículos a motor deberán contar cos permisos de circulación, de inspección técnica (ITV) e seguros correspondentes sendo isto responsabilidade das persoas que figuran como inscritas. Atenderase neste punto ao estipulado no Regulamento xeral de Circulación.
  28.  

  29. Cada comparsa deberá interpretar ante o público nas instalacións destinadas ao evento un máximo de dúas cancións ou de dúas parodias, ou ben, dunha parodia e dunha canción. Polo menos unha delas terá que estar escrita e ser interpretada en língua galega, e un dos temas deberá obrigatoriamente versar sobre Valdoviño. As comparsas que necesiten música deberán facilitala en soporte CD ou USB o mesmo día do festival. As comparsas que vaian realizar parodia ou canción a modo de presentación deberán indícalo na inscrición.
  30.  

  31. O tempo máximo de posta en escena para cada comparsa será de 10 minutos. As comparsas que superen o tempo regulamentariamente establecido e permanezan no escenario despois de seren avisadas, poderán ser descualificadas polo equipo de organización do evento.
  32.  

  33. Serán as propias comparsas as que libremente decidan distribuír a letra das súas cancións entre os asistentes ao festival. Dado o carácter humorístico desta festa tradicional, o Concello de Valdoviño non asumirá responsabilidade algunha acerca das letras, interpretacións e disfraces das comparsas e entroidos participantes
  34.  

  35. Na modalidade “OUTROS” non haberá límite de inscricións. Os anotados asumen o compromiso de desfilaren en pasarrúas, polo que deberán presentarse as 17,00 horas no punto de saída ; igualmente deberán desfilar, cando se lles indique, polo escenario habilitado na Casa da Cultura. Todos os anotados deberán levar nun lugar visible o dorsal que recibirán no momento de facer a inscrición. Non serán obxecto de valoración e non poderán optar a conseguir vale de consumo en empresas locais aqueles que aínda inscritos non cumpran o aquí estipulado.
  36.  

  37. O día do desfile cada comparsa presentará un representante que actuará como xurado. Esta persoa, maior de idade, deberá presentarse as 17,00 horas como tal ante a organización que lle tomará os datos necesarios. O representante elixido como xurado terá o obriga de permanecer no lugar habilitado para tal fin e de visionar todas as actuacións. O abandono por parte da persoa do xurado sen previo aviso á organización e sen causa xustificada significará a descualificación da comparsa á que representa , así mesmo, non poderá participar desfilando no pasarrúas.
      As obrigas do xurado serán :
      1) Valorar as comparsas participantes para elixir entre todas (agás as infantís) aquela merecedora da axuda de concurso para a “Mellor Comparsa Concello de Valdoviño 2018”.
      2) Valorar os tres mellores disfraces que concursen na categoría “Outros”.
      En caso de empate, en ambos casos , primará a comparsa ou entroido que teña mellor puntuación no pasarrúas. De continuar o empate farase un sorteo seguindo as indicacións da organización.
      Como criterios de valoración o xurado terá en conta : a orixinalidade e vistosidade do disfrace, a simpatía, e a conservación das características do entroido tradicional. A resolución do concurso terá lugar o mesmo día 17 de febreiro. O Concello de Valdoviño non se responsabiliza das votacións emitidas polo xurado sempre e cando cumpran o establecido nas Bases. Calquera interesado poderá consultar a táboa de puntuación emitida por cada un dos membros do xurado.
  38.  

  39. Finalizadas as actuacións das comparsas e do desfile de anotados na categoría “Outros” procederase a entregar os vales para consumo de produtos en empresas locais aos tres mellores entroidos. Seguidamente citaranse no palco aos membros das comparsas para facerlles entrega dos títulos honoríficos e dos vales simbólicos das axudas económicas desta edición do festival . A comparsa gañadora da axuda de concurso para a “Mellor Comparsa Concello de Valdoviño 2018” por importe de 150,00 euros repetirá a interpretación poñendo deste modo fin ao festival.
  40.  

  41. Durante a celebración deste actividade prohíbese a subministración e consumo de bebidas alcohólicas nos espazos destinados a este fin.
  42.  

  43. O Concello de Valdoviño resérvase o dereito de anulación do desfile por inclemencias do tempo. No caso de anulación do pasarrúas o festival comezará ás 17,30 horas na Casa da Cultura
  44.  

  45. Se coa finalidade de mellorar o desenvolvemento dos actos programados se considerase conveniente introducir modificacións ao aquí fixado, poderá facerse por parte da organización. Atendendo a este punto solucionaranse os imprevistos que puidesen xurdir.
  46.  

  47. Todos os integrantes das comparsas quedarán obrigados a atender as recomendacións que lles indiquen os traballadores dos corpos de seguridade e da organización. De producirense danos a bens ou persoas durante o desenvolvemento da actividade que non sexan imputables ao Concello de Valdoviño, a responsabilidade derivada será asumida íntegramente polos inscritos como participantes na/s solicitudes. Igualmente, o Concello de Valdoviño non se fará responsable das accións realizadas por grupos ou persoas non inscritas.
  48.  

  49. Con posterioridade ao evento emitirase informe para poder proceder cos pagamentos que cumpridamente se deban de facer atendendo ao estipulado nas presentes Bases.
  50.  

  51. A inscrición no concurso enténdese como aceptación plena das Bases fixadas para o mesmo sen que se poidan formular reclamacións de ningunha clase e por ningún concepto contra o aquí regulamentado. O incumprimento destas bases dará lugar á descualificación automática da comparsa participante e á anulación da axuda estipulada. Non serán admitidos comportamentos ilegais, vexatorios ou de mal gusto que excedan o espírito crítico, satírico e lúdico do Entroido.
  52.  

  53. Como anexo a estas bases figura a documentación para a inscrición.
  54.  

En todo o que non está previsto nestas bases terá de aplicación supletoria a Lei Xeral de Subvencións 38/2003.
 
Valdoviño, 19 de febreiro de 2018. Alcalde,
 
Alberto González Fernández.