O alcalde viaxa a Madrid para participar en Fitur na presentación da XXXI edición do Pantín Classic

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, viaxará mañá a Madrid para tomar parte na presentación da XXXI edición do Pantín Classic na Feira Internacional de Turismo Fitur. O acto, que se desenvolverá no pavillón de Galicia, dará comezo ás 18,30 horas.
 
Tomarán a palabra representantes da organización do campionato de surf decano en España, que avanzarán as novidades da edición deste ano, ó tempo que farán balance da celebrada en 2017. Procederase á proxección dun pequeno vídeo e intervirán o rexidor de Valdoviño, escenario onde se desenvolve a proba, así como a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
 
Un ano máis, Fitur convertirase así nun escenario único para a promoción do campeonato de surf de Valdoviño que, cada edición, congrega a milleiros de apaixoados deste deporte. Neste 2018 terán un novo aliciente para visitar o municipio coa apertura do Océano Surf Museo, o primeiro adicado ó surf de toda España.