O Concello abre o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí 2018 que promove a Deputación provincial da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas nados entre os anos 2003 e 2007, incluídos, poderán gozar de estancias na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense. Alí, e entre o 16 e o 19 de febreiro, poderán participar en cursiños de esquí nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención.
 
O Concello ten asignadas catro prazas e, se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello. Os participantes que finalmente accedan ó programa deberán pagar unha cota e para formalizar a preinscrición, os interesados deben presentar a solicitude no Rexistro da Casa Consistorial. O prazo remata o 16 de xaneiro.