A Casa da Cultura acolle este venres a conferencia A revolta das pedradas 1918

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño acollerá mañá venres, 22 de decembro, a conferencia «A revolta das pedradas 1918». Dirixida a un público adulto, correrá a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Dará comezo ás 20 horas e a entrada é libre e de balde.
 
A actividade está organizada pola Comisión Revolta Popular Marzo 1918 e na mesma colabora o Concello.