Participación na Cabalgata de Reis Magos

Aquelas persoas interesadas en participar como figurantes na Cabalgata de Reis Magos do Concello de Valdoviño 2018 deberán entregar cumprimentada a folla que se atopa na parte inferior desta páxina nos Colexios Atios ou CRA, nos locais das Asociacións Participantes ou na Casa da Cultura do Concello, nos días laborais entre o 13 e o 27 de decembro.
 
Haberá unha reunión o día 28 de decembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura para a organización.