Valdoviño propón un fin de semana de teatro coas compañía El ruiseñor e Talía

Fin de semana de teatro no Concello de Valdoviño. A Concellería de Cultura ten programadas sesións para o sábado, 17 de decembro, e domingo, 18. En ambos casos, as propostas culturais contan co apoio da Deputación a través da Rede Cultural e desenvolveranse no auditorio da Casa da Cultura con entrada gratuíta ata completar aforo. O sábado a compañía El ruiseñor representará a comedia “El vestíbulo” a partir das 19 horas e o domingo será o turno de Talía Teatro, que ofrecerá a súa obra “Sopa de Sapo” ás 18 h.
 
“El vestíbulo” é unha comedia escrita e dirixida por Susana Crespo ambientada nun barrio de Nova Iork nos anos 50. Aborda os enredos duns variopintos veciños dun edificio modesto que verán as súas vidas enlazadas a causa dunha serie de malos entendidos.
 
Escrita e dirixida por Artur Trillo, “Sopa de Sapo” é unha divertida comedia, pensada para público familiar, que  mergulla ó público nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.