Xuntanzas veciñais este fin de semana en Sequeiro, Vilarrube e Vilaboa

O Concello de Valdoviño concluirá este fin de semana o calendario de xuntanzas veciñais organizado nas diferentes parroquias do municipio para coñecer de primeira man as propostas de veciños e veciñas para a localidade. Un calendario que se iniciaba o pasado 22 de novembro en Aviño e continuaba en sucesivas xornadas en Valdoviño, Pantín, Meirás, Lago e Loira.
 
Este sábado será o turno de Sequeiro –local veciñal 12 horas- e Vilaboa –local veciñal, ás 18 h-, e o domingo, de Vilarrube –local veciñal ás 12 h-.
 
Neste sentido, o alcalde, Alberto González, fai un chamamento á veciñanza para que acuda ós diferentes encontros e traslade as súas suxerencias.