O Concello aproba obras de mellora na Casa da Cultura, piscina e pavillón municipal por 158.030,45 euros

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da aprobación en pleno de diversas actuacións de mellora en tres edificios municipais –Casa da Cultura, Piscina Municipal e Pavillón Municipal- cun investimento de 158.030,45 euros. Sufragaranse con cargo ó Plan Único de Concellos (POS+ Adicional) da Deputación provincial da Coruña, e permitirán mellorar a funcionalidade e eficiencia enerxética das instalacións, reducindo os gastos de mantenemento e os consumos eléctricos.
 
Así, Alberto González detalla que na Casa da Cultura procederase á substitución das carpinterías de aluminio de vidro sinxelo, que facilitan actualmente as filtracións de auga e entrada de aire, por outras de mellores prestacións técnicas, reducindo considerablemente o gasto eléctrico en calefacción e mantenemento. Así mesmo, reacondicionarase o almacén para dotalo de maior accesibilidade e, por tanto, mellorar o seu uso, xa que hoxe en día trátase dun espazo de difícil acceso. E, por último, substituirase a porta de emerxencia do auditorio ubicada na zona lateral, facilitando o uso e a evacuación en caso de emerxencia.
 
Respecto á piscina municipal, ubicada na parroquia de Lago, levarase a cabo unha nova impermeabilización do vaso, renovación de boquillas, canaletas e sumidoiros, coa colocación dun novo pavimento en todo o seu perímetro, facilitando tamén a súa accesibilidade.
 
Por último, no tocante ó pavillón municipal do Longoiro, emprazado en Meirás, substituiranse as portas de saída de emerxencia nos laterais que, froito do paso do tempo, presentan altos niveis de corrosión nos ferraxes.
 
As actuacións permitirán ampliar a vida últi das infraestruturas en aproximadamente uns 20 anos, dependendo do uso e o mantenemento, favorecendo as súas condicións de uso.