Caramuxo trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo de teatro e danza “Ela”

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, invita a nenos e nenas e tamén público familiar ó espectáculo de teatro e danza « Ela », a cargo da compañía Caramuxo Teatro. A función terá lugar este domingo a partir das 18 horas no Auditorio da Casa da Cultura con entrada libre e de balde ata completar aforo. A obra inclúese na programación deseñada pola Concellería de Cultura para o mes de novembro coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
 
“Ela" é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. "Ela" crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mistura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional.  Un poema plástico para gozar en familia.