Ampliación dunha aula no CPI Atios cun investimento de 33.000 euros

Acompañado do alcalde, Alberto González, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a semana pasada o CPI Atios de Valdoviño, para verificar un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistente na ampliación dunha aula, cun investimento de algo máis de 33.000 euros. O director do centro, Antonio Cebreiro, e o xefe Territorial de Educación tamén tomaron parte na visita.
 
Anteriormente, a Consellería de Educación lembra que investira preto de 60.000 euros no centro para reparar as consecuencias dun forte temporal de vento que danara no seu día a cuberta do edificio, nomeadamente na parte da actividade deportiva. No CPI Atios estudan na actualidade 516 alumnos.