IV Andada urbana para a eliminación da violencia contra as mulleres

domingo, 26 Novembro, 2017 - 17:00
Casa da Cultura

Saída ás 17:00 horas da Casa de Cultura. Ás 18:15 haberá proxección da película “Sufragistas” (Rede Cultural da Deputación Provincial). Maiores de 7 anos. Presentación e posterior coloquio, a cargo de Alberto Abuín, fundador e escritor de Blogdecine.com e colaborador en diferentes radios como Onda Cero, Cope e Cadena SER.