A Casa da Cultura acolle este mércores “D.E.P.”, unha comedia de morte

No marco da programación deseñada polo Concello de Valdoviño en torno ó Samaín, a Casa da Cultura do municipio acollerá este mércores, 1 de novembro, a comedia “D.E.P.” a cargo de producións MalaSombra. Dará comezo ás 19 horas.
 
Interpretada por Jouse García e Xoque Carbajal, trátase dunha trepidente comedia de morte na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais. Un espectáculo con entrada libre e de balde ata completar aforo, incluído na Rede Cultural da Deputación.