O Concello abre o prazo de inscrición nos obradoiros de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de abrir o prazo de inscrición nos obradoiros de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos. Unha actividade gratuíta que se desenvolverá nas parroquias de Valdoviño e de Meirás. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na Casa da Cultura, de luns a venres de 9 a 14 horas.
 
Os talleres celebraranse na Biblioteca Municipal de Valdoviño os martes en horario de tarde –de 16,45 a 17,45 horas e, se fose necesario crear un segundo grupo, reuniríase de 18 a 19 horas- e no local da AVV de Meirás os xoves –de 9,30 a 10 horas-. Comezarán en Valdoviño o martes 10 de outubro e, en Meirás, o xoves 19.
 
As actividades formativas a realizar serán traballos para mellorar a fixación e tamén as memorias a curto e longo prazo, sensorial, semántica, episódica, de recoñecemento, declarativa e procedimental; traballos de nivelación cultural, e xogos lúdicos de estimulación cognitiva.