O paseo da Frouxeira acolleu onte a VI Milla Urbana Concello de Valdoviño

O paseo da Frouxeira foi onte pola mañá escenario da sexta edición da Milla Urbana Concello de Valdoviño que organiza a Concellería de Deportes coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Deputación provincial, Sedega, Protección Civil Valdoviño e Coca Cola. Máis de 150 atletas tomaron parte na cita, que este ano tiña un marcado carácter solidario, xa que a recadación da cota de inscrición destinábase a Cáritas Valdoviño -3 euros para os maiores de 18 anos-.
 
Noa Romero (Atletismo Narón) e Juan Loureiro (Independente) foron os vencedores na categoría benxamín; en alevíns, Damián Suárez (Club Natación Cedeira) e Irene Vázquez (Atletismo Narón); en infantil, Daniel Fernández (Independente) e Isabel Caneiro (Franciscanos Lugo); na conxunta de cadete e xuvenil, Yago Fernández (AD Náutico Narón) e Irene Mera (Atletismo Narón); en junior, promesa, senior e veteráns 1, Carlos Bouza (Riazor Coruña) e Lupe Rubio (Pasa ou Entorna), e en veteráns 2, 3 e 4, Ricardo Álvarez (Egovarros) e Luz Cerdido (Ría Ferrol).
 
A listaxe da clasificación completa pode consultarse aquí