Charla informativa sobre o curso de preparación para a obtención do título de ESO e Competencias Clave

A Biblioteca Municipal de Valdoviño será escenario este xoves, 28 de setembro, dunha charla informativa dirixida ás persoas interesadas en inscribirse nos cursos para preparar os exames para obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria e as Competencias Clave. A conferencia, a cargo do Centro Oficial de Formación para Persoas Adultas, dará comezo ás 19,30 horas con entrada libre.