A Casa da Cultura acolle a exposición do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación “Jesús Núñez”

A Casa da Cultura acolle dende hoxe a exposición itinerante do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña “Jesús Núñez”. O público poderá visitala ata o 4 de outubro no horario de atención das instalacións culturais.
 
Poderán ver os traballos realizados polos artistas participantes no certame correspondente ó 2015, con técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.