I Mostra de cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra

A Mancomunidade de Ferrol organiza dentro do programa de actuación 2017 da Rede Eusumo a I Mostra de cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra.
Terá lugar o xoves 28 de setembro, de 09:00 a 21:00 horas, no Centro Torrente Ballester de Ferrol. Ven e súmate á fórmula cooperativa.