A exposición do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación “Jesús Núñez” chega á Casa da Cultura de Valdoviño

A Casa da Cultura estrea exposición este mércores, 20 de setembro. A mostra itinerante do X Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña “Jesús Núñez” chega a Valdoviño. O público poderá visitala ata o 4 de outubro no horario de atención das instalacións culturais.
 
Poderán ver os traballos realizados polos artistas participantes no certame correspondente ó 2015, con técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.