O Concello levanta as restricións no consumo directo da auga en zonas das parroquias de Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás

O Concello de Valdoviño anunciou esta mañá que as restricións no consumo directo da auga impostas o luns á tarde en zonas das parroquias de Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás quedan sen efecto. A decisión foi adoptada nada máis recibir os resultados dos últimos análises efectuados respecto ós niveis de microcistinas, que se sitúan en niveis óptimos.
 
Agora, e unha vez resolto o problema, o Concello anuncia a súa intención de abrir un expediente informativo para esclarecer as causas que derivaron nas restricións, en base ós análises efectuados pola empresa concesionaria do servizo, Viaqua, namentras que os realizados pola Xunta establecían parámetros normais.