O Concello abre a inscrición no Curso Básico de DJ e Produción Musical

A Concellería de Cultura de Valdoviño vén de abrir o prazo de preinscrición no Curso Básico de DJ & Produción Musical. Organizado polo Concello e subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta, está dirixido a veciños e veciñas a partir de 14 anos, con preferencia dos/as empadroados/as en Valdoviño.
 
Hai límite de prazas e, para anotarse, é preciso formalizar a preinscrición de luns a venres a partir das 10 horas no teléfono 981 48 76 66 ou de forma presencial na Casa da Cultura. O prazo remata o 20 de setembro.
 
Constará de 12 horas repartidas en 6 sesións con horario de tarde e a previsión é iniciar o curso a finais de setembro ou primeiros de outubro.