O Concello agradece a colaboración de veciños e traballadores municipais para facer do Pantín Classic, un ano máis, un auténtico éxito

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, agradeceu a todos os veciños e veciñas de Pantín e ós traballadores municipais a súa colaboración e contribución para que, un ano máis, o Pantín Classic fose un auténtico éxito. Nesta liña, o rexidor también destacou o traballo dos organizadores do campeonato, declarado festa de interese turístico de Galicia.
 
En nome do Concello, Alberto González pediu desculpas á veciñanza polas posibles molestias que lles puido ocasionar un evento multitudinario como este e valorou moi positivamente a súa resposta. Tanto dos veciños e veciñas de Pantín coma dos traballadores da Administración local –dende os axentes da Policía Local ata ós operarios do servizo de Limpeza e pasando polos do departamento de Obras-, así como á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Tamén ós integrantes de Protección Civil de Cedeira e ós bombeiros de Ferrol.