Fin de curso nas clases de ximnasia ó aire libre no entorno da Frouxeira

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, fixo entrega a semana pasada dos diplomas acreditativos ós participantes nas clases de ximnasia para persoas adultas que organizou o Concello durante o mes de agosto. Unhas clases que tiveron como escenario principal o parque biosaudable da Frouxeira de luns a venres en horario de mañá.
 
No acto, o edil xa avanzou a intención de reeditar o próximo verán esta actividade dada a boa acollida por parte de veciños e visitantes.