Peluquería Sixto proclamouse vencedor do Torneo de Fútbol Sala OcioSol de Valdoviño

O Peluquería Sixto recibiu onte de mans do alcalde, Alberto González, o trofeo que o acredita como vencedor absoluto do Torneo de Fútbol Sala OcioSol de Valdoviño. Un clásico torneo de verán no municipio que o Concello recuperaba hai dous anos tras un longo periodo sen celebrarse. Gañaba así a competición tras superar na gran final do venres ó Gonnaba, nun emocionante encontro disputado no pavillón municipal do Longoiro. Finalmente, o resultado favorecía ó Peluquería Sixto, que vencía por dous tantos a cero.
 
Non foi o único encontro que se disputou onte. O mesmo pavillón acollía a final do cadro de repesca, que enfrontaba ó Josito Team e ó Amigos FS. Foi o segundo o que gañou o partido por catro goles a un.
 
O torneo, que se celebrou durante todo o mes de agosto, concluía coa entrega de trofeos que presidía o alcalde, Alberto González, acompañado do concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra.