O Concello promociona “Naturalmente Valdoviño” no Pantín Classic

O Concello de Valdoviño volve a apostar este ano pola promoción turística do municipio a través do Pantín Classic, festa declarada de interese turístico de Galicia pola Xunta. Así, dende onte, as grandes pantallas da competición están a proxectar unha serie de vídeos baixo o lema “Naturalmente Valdoviño” onde se amosan os principais recursos turísticos a vista de dron.
 
Unha triloxía de vídeos protagonizados pola liña de costa, as praias e calas; as posibilidades para os deportes náuticos, surf incluído; os incribles miradoiros naturais e rutas de sendeirismo; o singular Faro de Punta Frouxeira ou o seu partrimonio arquitectónico e, sobre todo, as súas xentes.
 
Uns vídeos tamén disponibles no seguinte enlace: https://vimeo.com/179730731