Clausura dos cursos de tenis para nenos e mozos organizados polo Concello no pavillón Longoiro

O pavillón municipal do Longoiro acolleu no día de onte o acto de clausura dos cursos de tenis organizados polo Concello nestas mesmas instalacións municipais durante os meses de xullo e agosto. Máis de 20 nenos e mozos tomaron parte nas sesións dous días á semana e, onte pola mañá, recibían de mans do concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, un diploma acreditando a súa participación.