ValdoFeira regresa este domingo pola mañá ó entorno da Porta do Sol

O entorno da Porta do Sol albergará este domingo, 27 de agosto, unha nova edición de ValdoFeira, o mercado mensual de Valdoviño. Un mercado que arrancaba o pasado mes de xullo con vocación de continuidade e que o público respaldou cunha afluencia masiva durante toda a mañá.
 
Este domingo, os postos de venda volverán a ofrecer os seus produtos dende as 9 e ata ben entrado o mediodía. Dende artesanía a apeiros de labranza, pasando por produtos da horta, textil, calzado, antigüidades…
 
O Concello de Valdoviño e a ACR Fevaldo colaboran na posta en marcha de ValdoFeira, que se celebrará os últimos domingos de cada mes.
 
Así mesmo, dende o Concello lémbrase que os comerciantes interesados en tomar parte deben presentar a correspondente instancia no Rexistro Xeral da consistorial.