Carné Xove

O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible promovida pola Xunta de Galicia á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode solicitalo

Calquera veciño de entre 12 e 30 anos, ambos incluídos. A vixencia do carné é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).

Como e onde realizar o trámite

O interesado poderá descargarse e cubrir o impreso adxunto nesta páxina e acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na Casa da Cultura, onde presentará a documentación sinalada de seguido.

Documentación necesaria

Normativa

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.

Prazos

Solicitude: permanente.

Taxas/impostos

6 euros.