1ª Andada Surfeira Concello de Valdoviño

O domingo 27 de agosto terá lugar a 1ª Andada Surfeira Concello de Valdoviño, na estrada da costa entre Valdoviño e Pantín, un traxecto de aproximadamente 7,5 kilómetros de dificultade media-baixa.
 
O punto de encontro e horario de saída é a praia pequena da Frouxeira, ás 10:30 horas da mañá, dando por finalizada a actividade no punto de chegada, sendo a volta organizada pola súa conta por cada participante.
 
É obrigatorio inscribirse na andada, habendo límite de prazas, que se comprimentarán por orde de inscrición. A inscrición é gratuíta e pode realizarse os días 22, 23 e 24 de agosto chamando ao teléfono 981 487 666, en horario de 10 a 13 horas ou presentándose na Casa da Cultura no mesmo horario. O Concello no se fará cargo en ningún caso das persoas que non estean debidamente inscritas. Os menores de idade debidamente inscritos poderán asistir cun responsable que se fará cargo del durante a actividade.
 
Recoméndase o material habitual para este tipo de actividades, roupa deportiva cómoda e protección solar.