Máis de 15 equipos tomarán parte no Torneo de Fútbol Sala OcioSol 2017

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que máis de 15 equipos disputaranse este ano o Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Unha competición que, tras unha década fóra do calendario local, o Concello recuperaba no 2016 con notable éxito de convocatoria. Un bo resultado que o departamento municipal espera reeditar na edición que está a piques de arrancar.

O torneo dará comezo este luns, 7 de agosto, e, a partir desta data, xogaranse partidos todos os días, en horario de 19 a 23 horas no pavillón municipal do Longoiro. O calendario íntegro da competición está dispoñible no documento pdf situado ao final desta páxina.

No marco da presentación do evento deportivo, o edil de Deportes de Valdoviño subliñou a boa acollida dispensada a este torneo estival, e puxo en valor o feito de que a maioría dos equipos que van participar sexan do propio municipio. Finalmente, dende o concellería de Deportes apúntase que o Torneo de Fútbol Sala Ociosol está aberto á asistencia do público interesado, e anímase aos afeccionados/as a seguir os encontros.