O Concello abre o prazo de inscrición nun novo curso de tiro con arco

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, promove un novo curso de tiro con arco. Novamente será o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo de fútbol de Mourente, do 7 ó 11 de agosto e de luns a venres. Os horarios previstos serán de 18,30 a 20,30 h de luns a xoves e de 18 a 20 h os venres.
 
O éxito de participación acadado en xullo levou á Concellería que dirixe Sergio Saavedra a reeditar a aposta municipal por esta actividade. Así, as persoas interesadas en anotarse poden facelo na casa consistorial –segunda pranta- de 9,30 a 13,30 horas ou no teléfono 626 46 55 31 do Servizo de Deportes nese mesmo horario.
 
O prezo da actividade é de 11,06 euros para menores de 18 anos e de 12,54 euros para persoas adultas.