O Concello ofrece clases de ximnasia para adultos no entorno do parque da Frouxeira

A programación de ocio e deportiva do Concello de Valdoviño continúa ofrecendo un sinfín de propostas. Así, a Concellería de Deportes organizará durante o mes de agosto clases de ximnasia para persoas adultas. Terán como escenario principal o parque biosaudable da Frouxeira e celebraranse de luns a venres, en horario de mañá –de 10,15 a 11,15 horas-. Arrancarán o martes 1 de agosto e aínda queda algunha praza libre.
 
As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na Concellería de Deportes –segunda pranta da casa consistorial- ou no teléfono 626 46 55 31 en horario de 9,30 a 13,30 horas. O custe é de 22,12 euros ó mes.
 
Entre as actividades previstas, xogos cooperativos, de tonificación, aeróbic, deportes adaptados, body pump…