Subvencións para a promoción do emprego autónomo

Data: 
mércores, 25 Abril, 2012
Obxecto: 

A finalidade deste programa da Consellería de Traballo e Benestar é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
 
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 30 de setembro

Páxina: 
Economía e Emprego