A Deputación aproba un investimento de 175.398,05 euros para a construción dunha rotonda que facilitará o acceso dos autores ó CPI Atios

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade un investimento de 175.398,05 euros para a construción dunha nova rotonda no punto quilométrico 0+675 da estrada DP 2502 que mellorará a perigosa intersección existente neste punto e facilitará as manobras de cambio de sentido dos numerosos autobuses que realizan o transporte escolar do alumnado do CPI de Atios, situado na marxe esquerda do vial e no que cursan estudos máis de 500 rapaces do municipio.
 
O goberno provincial da resposta así ao compromiso adquirido polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co alcalde da localidade, Alberto González, durante a súa visita ao municipio, na que o rexedor demandou melloras da seguridad vial neste punto, no que os buses de transporte escolar apenas contan con visibilidade e non dispoñen de espazo para manobrar ou aparcar.
 
As obras permitirán que o transporte do alumnado do CPI de Atios se realice en condicións de maior seguridade e mellorará a fluidez do tráfico na zona, xa que inclúen a construción dun carril de acceso ao aparcadoiro, que evitará que os autobuses obstrúan a estrada provincial nas horas de entrada e saída do colexio.