A Xunta informa de que recollerá en Valdoviño as patacas os días 22 e 23

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia avanzou que a campaña de recollida da pataca afectada pola couza guatemalteca chegará a Valdoviño os días 22 e 23 de maio. Entre as 8,30 e as 18 horas, pasarán polos domicilios os equipos oficiais designados pola Xunta de Galicia para a retirada da pataca, polo que dende a Consellería do Medio Rural se solicita á veciñanza que teñan preparadas as patacas en bolsas de plástico abertas no momento da súa retirada.
 
Segundo a información facilitada pola Xunta, deberán estar en bolsas separadas as patacas de semente, as de consumo da campaña pasada e as que obrigatoriamente tiveran que estar arrincadas da presente campaña.
 
Os interesados poden retirar as bolsas específicas para este fin na casa consistorial ou nas oficinas agrarias da Xunta.