Praias

O principal patrimonio de Valdoviño son as súas praias. En 25 kilómetros de litoral hai unha oferta do máis variada: dende os areais máis recoñecidos, que ofrecen todo tipo de servizos, ata pequenas calas virxes escondidas entre cantís; dende areas brancas e finas ata rochas e grava; dende ondas de campionato ata augas mansas.
 
Sexan cales sexan os nosos gustos, seguro que Valdoviño conta coa nosa praia ideal.

Campelo

Campelo

Cercada por impresionantes cantís, esta praia ventosa e de area branca é moi característica polas súas grandes pedras. Descuberta para o surf nos primeiros anos 80, as súas condicións fan de Campelo un dos lugares máis destacados da bisbarra para surfear.
 
Coordenadas GPS: 43° 34' 59.0046" N - 8° 12' 51.591" O.
Lonxitude: 300 m.
Anchura media: 11 m.
Equipamento: -.

O Río, Meirás

O Río (Meirás)

Bandeira Azul 2017. Malia súa condición semiurbana, a praia de Meirás atópase en mar aberto, nun fermoso escenario para observar as ondas batendo contra os cantís próximos. De forte ondada e abundantes correntes, conta con numerosos servizos.

Coordenadas GPS: 43° 36' 6.0006" N - 8° 11' 40.2144" O.
Lonxitude: 220 m.
Anchura media: 15 m.
Equipamento: Salvamento, limpeza, papeleiras, aseos, duchas, accesible para discapacitados, hostalería e cámping.

O Rego

O Rego

Para aqueles que desexen fuxir da máis masificada praia de Meirás, este areal cercano refuxia baixo a súa forma de dobre cuncha un espazo tranquilo, de area branca e fina. As condicións do Rego son de forte ondada e bastante vento.
 
Coordenadas GPS: 43° 36' 23.619" N - 8° 11' 27.2538" O.
Lonxitude: 160 m.
Anchura media: 8 m.
Equipamento: Cámping.

Cano Grande

Cano Grande

Na sucesión de pequenas praias con que conta Meirás atópase Cano Grande, un areal de entorno rural que mantén as características da zona: vento desapacible, forte ondada e area branca e fina.
 
Coordenadas GPS: 43° 36' 32.0394" N - 8° 11' 26.6562" O.
Lonxitude: 70 m.
Anchura media: 11 m.
Equipamento: Cámping.

Os Botes (Mourella)

Os Botes (Mourella)

Zona de fondeo de embarcacións, esta praia mistura grava e area e, como todas as de Meirás, está marcada polo vento e a forte ondada.
 
Coordenadas GPS: 43° 36' 33.4944" N - 8° 11' 32.7372" O
Lonxitude: 130 m.
Anchura media: 17 m.
Equipamento: Cámping.

O Porto

O Porto

Aínda que non é moi destacada polas súas características como praia (rochas, grava, forte vento e pouco espazo para o baño), a cala da ermida do Porto é unha das visitas ineludibles no concello.
 
Zona utilizada habitualmente para o fondeo de pequenas embarcacións.
 
Coordenadas GPS: 43° 36' 33.4944" N - 8° 11' 32.7372" O.
Lonxitude: 100 m.
Anchura media: 7 m.
Equipamento: -.

Praia dos curas

Praia dos curas

Esta pequena cala é o perfecto contrapunto á súa veciña A Frouxeira. Composta por area e rochas, o seu tamaño complica o tempo de goce desta praia, ideal pola tranquilidade que transmite e o doado acceso.
 
Lonxitude: -.
Anchura media: -.
Equipamento: -.

A Frouxeira

A Frouxeira

Bandeira Azul 2017. Referente histórico das praias da bisbarra, A Frouxeira acadou a Bandeira Azul xa en 1993. Nos seus tres kilómetros de longo alterna a zona semiurbana da praia pequena con outras moito menos frecuentadas que chegan ata o faro da Frouxeira.

Un amplo espazo no que hai sitio para o baño, a práctica do surf ou bodyboard e longos paseos pola area branca e fina. En canto ás condicións do areal repítense as de case todo o litoral valdoviñés, con mar aberto, forte ondada e ventos constantes.

O conxunto natural da Frouxeira complétase coa lagoa do mesmo nome.

Coordenadas GPS: 43° 36' 50.133" N - 8° 9' 6.8394" O.
Lonxitude: 3.000 m.
Anchura media: 45 m.
Equipamento: Salvamento, limpeza, papeleiras, aseos, duchas, accesible para discapacitados, transporte, hostalería e cámping.

Praia de Prados

Prados

Na estrada da costa que vai de Valdoviño a Pantín atopamos varias calas de acceso pouco aconsellable… pero moi fermosas.
 
Prados é unha destas praias virxes, un lugar moi tranquilo, de area e pedra e que tan só se pode visitar en marea baixa.
 
Lonxitude: 100 m.
Anchura media: 3 m.
Equipamento: -.

Praia da Rosella

Rosella

Praia virxe de gran beleza, pero á que o seu acceso a través de cantís, a súa forte ondada e os ventos fan desaconsellable a visita, que tan só podería realizarse en marea baixa.
 
Lonxitude: 150 m.
Anchura media: 3 m.
Equipamento: -.

Pantín (O Rodo)

Pantín (O Rodo)

Bandeira Azul 2017. Recoñecida nos cinco continentes logo de máis dun cuarto de século no circuito mundial de surf, Pantín ten un lugar para cada tipo de público. A maiores do seu interese deportivo, entre os motivos tamén está o río que chega ata o mar bordeando a area branca e fina e que a fan destino predilecto de pais con pequenos.

Caracterízase polo mar aberto, os ventos constantes e a forte ondada.

Ao fondo do areal, nunha zona máis resguardada e tranquila, está a praia de Porto Carrizo.

Coordenadas GPS: 43° 38' 20.4354" N - 8° 6' 33.6594" O.
Lonxitude: 950 m.
Anchura media: 46 m.
Equipamento: Salvamento, limpeza, papeleiras, aseos, duchas, accesible para discapacitados, transporte (a 1 km) e hostalería.

Porto Carrizo

Porto Carrizo

Tan só unha pequeno cantil a separa de Pantín… pero cambia totalmente a fisonomía das dúas praias. Ao entrar en Porto Carrizo atopamos un areal sen apenas vento e ondas e que, sen ser a praia virxe de hai uns anos, mantén unha afluencia baixa.
 
Porto Carrizo carece de servizos, pero a súa proximidade a Pantín permite que utilice parte das súas infraestructuras.
 
Dende 2010 está declarada como praia naturista.
 
Coordenadas GPS: 43° 38' 20.4354" N - 8° 6' 33.6594" O.
Lonxitude: 200 m.
Anchura media: 15 m.
Equipamento: Transporte (a 1 km) e os servizos anexos de Pantín.

Baleo

O Baleo

Bandeira Azul 2017. Atopamos a praia do Baleo nun entorno rural moi fermoso, o que non impide que conte cos servizos básicos.

Frecuentada polos surfistas, é unha praia de boas ondas e area branca e fina.

Coordenadas GPS: 43° 38' 42.63" N - 8° 6' 0.597" O.
Lonxitude: 400 m.
Anchura media: 25 m.
Equipamento: Salvamento, limpeza, papeleiras, aseos, duchas e transporte (a 1 km).

Graxal

Graxal

Cala de grava e rochas con ventos fortes e ondada moderada. Situada no entorno de Punta Chirlateira, hoxe en día é prácticamente inaccesible.
 
Lonxitude: 100 m.
Anchura media: 6 m.
Equipamento: -.

Vilarrube

Vilarrube

Bandeira Azul 2017. O segundo areal máis extenso de Valdoviño posúe un espazo de dunas de gran interese, o que sumado á súa condición de enseada imprímelle un carácter moi especial e de gran beleza.

De area branca e fina, as súas augas tranquilas non impiden que tamén sexa unha boa zona para a práctica do surf.

Coordenadas GPS: 43° 38' 18.87" N - 8° 4' 20.985" O.
Lonxitude: 1.420 m.
Anchura media: 75 m.
Equipamento: Salvamento, limpeza, papeleiras, aseos, duchas, accesible para discapacitados, transporte e hostalería.