Aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta para mozos e mozas

A Concellería de Xuventude, a través da OMIX, informa da apertura do prazo de inscrición nos campamentos de verán que impulsa a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Na Casa da Cultura, de luns a venres de 11 a 14 horas ou no teléfono 981 48 76 66 informan sobre a programación.
 
Están dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos e a adxudicación das prazas será por sorteo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2017 e, a Xunta, ofrece máis información no DOG do 17 de abril de 2017 e neste enlace