As finais do I Open Tenis de Valdoviño dispútanse este domingo no pavillón do Longoiro

A primeira edición do Open Tenis Concello de Valdoviño chegará este domingo, 16 de abril, ao seu remate no pavillón municipal do Longoiro despois dunha semana de competición ao máis alto nivel.
 
No torneo tomaron parte 50 deportistas, unha cifra que a organización valora moi positivamente ó tratarse da primeira vez que se celebra e que confirma a continuidade do torneo.
 
O domingo disputaranse as finais das diferentes categorías. Partidos que comezarán ás 15 horas. E, a previsión, é que o absoluto masculino se dispute a partir das 20 horas. Ao remate, procederase á entrega de premios ós gañadores.
 
A entrada é libre e gratuíta, polo que se anima á veciñanza a acudir ás instalacións e disfrutar do mellor tenis.