O Concello de Valdoviño conclúe as obras de saneamento da estructura metálica da Casa da Cultura

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da conclusión das obras de saneamento da estructura metálica do edificio da Casa da Cultura.
 
Inmoble que acolle o Auditorio, a Biblioteca Municipal, Sala Multimedia e de Exposicións, entre outros servizos. Os traballos foron os primeiros que realizaba o Concello na estructura destas instalacións culturais dende a súa construción. Necesarios, segundo engadiu o alcalde, para garantir a seguridade do edificio, levantado hai case que tres décadas.
 
As obras de mantenemento leváronse a cabo dende finais do mes de setembro e primeira semana de outubro e contaron cun orzamento de 18.000 euros. Tiveron custe cero para as arcas locais, xa que a Deputación provincial da Coruña asumía a financiación tras dar o visto bo ó proxecto presentado polo Concello.
 
As tarefas completáronse co pintado da estructura.