O Concello organiza un novo curso de preparación para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria

O Concello de Valdoviño, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, organiza unha nova edición dos cursos para preparar os exames para obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria. E, por iso, este xoves, 22 de setembro, celebrará unha charla informativa ás 19 horas na Casa da Cultura. Nesa xuntanza, á que están convocadas todas as persoas interesadas na iniciativa, o Concello dará conta do contido dos cursos, periodicidade das sesións, horarios...
 
Ó día seguinte, este venres 23, abrirase o prazo de inscrición nos cursos de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria e as unidades de competencia laboral nivel 2 e nivel 3. A solicitude deberá formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial, de 8 a 14 horas-. O prazo pecharase o 30 de setembro.